Quen somos?

A Confederación Española de Centros de Ensino (CECE), é unha asociación patronal fundada en 1.977 que representa á maior parte do sector educativo privado de España de niveis non universitarios. Está integrada por asociacións e federacións que á súa vez están constituídas por centros dos distintos ensinos e dos distintos niveis (Centros de ensino regulado e de ensino non regulado, de educación infantil, de formación profesional, de titularidade relixiosa e de titularidade seglar, etc…).

En GALICIA, CECE está presente por medio da FEDERACIÓN AUTONÓMICA DE CENTROS DE ENSINO PRIVADO (CECE-GALICIA).

A CECE, con marcada vocación de servizo, ten entre outros obxectivos pór ao alcance das empresas membros as vantaxes que se derivan do asociacionismo empresarial e así:

  • Coordinar e unir forzas fronte a problemas comúns.
  • Crear e manter servizos propios de interese para os seus membros.
  • Apoiar e promover iniciativas individuais.
  • Levar a cabo as accións precisas para facilitar a información dos directivos e profesorado, e promover a innovación educativa.
  • Representar ás entidades confederadas na negociación de pactos, acordos e convenios colectivos, establecendo as relacións oportunas coas organizacións profesionais representativas do profesorado e outro persoal dos centros, así como coas Administracións Públicas.

Coa actual estructuración do Estado Español a acción centralizada deu paso a outras circunscritas ás autonomías con transferencias en materia educativa. A regulación estatutaria dada á CECE pola Asemblea Xeral fai uns anos fixo posible esta acción múltiple e diversificada, que se realiza mercé á coordinación que se dá entre as entidades de ámbito autonómico e os departamentos centrais.

A CECE integra no seu seo as seguintes Federacións sectoriais:

  • Asociación Estatal de Centros de Ensinos Musicais (AECAM).
  • Federación de Escolas de Música do Estado Español (FEM).
  • Asociación Nacional de Escolas de Turismo (ANESTUR).
  • Asociación Nacional de Centros de Barbería e Estética (ANCEPE).
  • Confederación Española de Centros e Academias Privadas (CECAP).
  • Organización Mundial de Artes e Técnicas (OMAT).

O número de empresas educativas pertencentes a CECE na actualidade, é próximo a 6.000.

CECE Galicia

Avenida de Lugo, 2A - Bajo
15702 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 940 020 - 981940585
Fax: 881 819 843

Secretaría: Enriqueta Boutureira
cece-galicia@cece-galicia.com
Tel.: 981 940020

Formación: Conchi Lorenzo
secretaria@cece-galicia.com
Tel.: 690 093 980

Asesoría Jurídica: Belén Rodríguez
asesoriajuridica@cece-galicia.com
Tel.: 620 514 586