Obxectivos

A FEDERACIÓN AUTONÓMICA DE CENTROS DE ENSINO PRIVADO (CECE-GALICIA), ten os seguintes obxectivos básicos:

  • Promover e defender o dereito á liberdade de ensino recoñecido na Constitución Española e nos Pactos e Convenios Internacionais subscritos por España.
  • Defender a liberdade de creación e de dirección de centros e institucións de ensino, así como o dereito dos pais de familia a elixir a educación que desexen para os seus fillos e o centro educativo que responda ás súas conviccións.
  • Defender a lexítima autonomía e a identidade pedagóxica das organizacións integradas na Confederación, así como dos Centros que a elas pertenzan.
  • Representar aos seus membros e a cada un dos centros integrados na CECE, na defensa dos seus intereses pedagóxicos, empresariais, económicos, sociais, laborais, ante as Administracións públicas estatais, autonómicas, provinciais e locais, e ante as institucións internacionais.
  • Defender o dereito dos centros docentes libres, creados pola iniciativa social, a recibir dotacións económicas e o financiamento público necesaria para o exercicio da súa misión, que permita unha efectiva liberdade de elección aos pais, en condicións iguais ás que gozan os correspondentes centros públicos.
  • Representar ás entidades confederadas na negociación de pactos, acordos e convenios colectivos, establecendo as relacións oportunas coas organizacións profesionais representativas do profesorado e outro persoal dos centros, así como coas administracións públicas.
  • Estudar as cuestións de interese xeral dos seus membros, e asesorar as súas relacións e actividades e promover liñas de actuación comúns a todas as confederacións, federacións e asociacións integradas na CECE.
  • Procurar a solidariedade e unidade de actuación en defensa do ensino libre, mediante os oportunos acordos con organizacións españolas e doutros países que pretendan finalidades semellantes ás da CECE.
  • Promover e realizar congresos, concursos, seminarios e demais actividades educativas, formativas e culturais.
  • Colaborar coas autoridades estatais, autonómicas, provinciais e locais e coas organizacións sindicais en canto refírese á xestión do servizo educativo. Propor aos poderes públicos recomendacións sobre planificación, réxime académico e fiscal do ensino, concertos educativos, problemas das empresas e defensa da liberdade.

CECE Galicia

Avenida de Lugo, 2A - Bajo
15702 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 940 020 - 981940585
Fax: 881 819 843

Secretaría: Enriqueta Boutureira
cece-galicia@cece-galicia.com
Tel.: 981 940020

Formación: Conchi Lorenzo
secretaria@cece-galicia.com
Tel.: 690 093 980

Asesoría Jurídica: Belén Rodríguez
asesoriajuridica@cece-galicia.com
Tel.: 620 514 586