Saúdo do Presidente

D. José Antonio Moar

Desde as nosas orixes, en CECE-Galicia, fomos fieis ao compromiso de ofrecer, cada vez a un maior número de persoas, unha asistencia educativa de calidade, un dereito fundamental que é a pedra angular do noso labor diario.

Porque en CECE-Galicia traballamos por un futuro mellor para as persoas a través dun óptimo modelo asociativo, referente dentro da educación privada, contribuíndo na medida do posible, a mellorar a sociedade na que vivimos.

Calidade, innovación, atención e coidado foron sempre os alicerces básicos que nos caracterizaron. Algo que só foi posible grazas á vocación dos que dan a vida por coidar a dos demais e a un sistema educativo, sen ánimo de lucro, que reinviste os beneficios na mellora do equipo técnico e humano a través dunha constante modernización da nosa asociación e unha continua formación de cada un dos nosos profesionais.

Desde aquí convídovos a navegar pola web de CECE-Galicia e coñecer máis a fondo esta gran familia, onde todos, formamos parte dun mesmo compromiso: mellorar a calidade de vida, a través da educación. Ademais, anímovos a que descubrades por vós mesmos todas as solucións que ofrecemos, así como diferentes proxectos que, con orgullo, estamos a liderar: actividades de formación e campañas de sensibilización dirixidas a mellorar o estilo de vida entre os cidadáns.

CECE Galicia

Avenida de Lugo, 2A - Bajo
15702 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 940 020 - 981940585
Fax: 881 819 843

Secretaría: Enriqueta Boutureira
cece-galicia@cece-galicia.com
Tel.: 981 940020

Formación: Conchi Lorenzo
secretaria@cece-galicia.com
Tel.: 690 093 980

Asesoría Jurídica: Belén Rodríguez
asesoriajuridica@cece-galicia.com
Tel.: 620 514 586