Formación
A Formación ocupa un lugar destacado entre os fins da Federación, sendo un dos servicios que CECE-GALICIA ofrece aos seus asociados, a través do asesoramento na organización das accións formativas e adaptándose ás necesidades de cada centro, posibilitando así que o maior número de profesionais dos nosos centros reciban formación.
CECE-Galicia aposta pola dignificación da función docente a través da formación, como investimento imprescindible que constitúe un elemento esencial para a mellora e a competitividade dos centros educativos, nos que o activo mais valioso é sen dúbida o recurso humano e polo tanto, a calidade e a capacitación profesional permanente dos docentes seguen a ser fundamentáis para lograr unha educación de calidade, dotándoos de ferramentas para a actualización do seu desenvolvemento profesional.
O traballo do Departamento de Formación en colaboración co Instituto de Técnicas Educativas, céntrase na xestión de cursos dirixidos a todos os sectores do Ensino a través da Formación Programada polas Empresas (Formación Bonificada) nas modalidades presencial e online, e tamén a través dos Plans de Formación tanto a nivel estatal como autonómico.